MociHorta Comunitaria

Todos os luns ata o 27/06.

Como xa sabedes a nosa horta comunitaria xa está en marcha. Se non puideches acudir ás primeiras sesións, tes que saber que aínda estás a tempo de unirte ao proxecto. Anímate!

Nesta ocasión presentámosvos un obradoiro de longa duración que consistirá en poñer en marcha unha horta comunitaria. Aprenderemos todo o proceso que conleva traballar unha horta (preparar a terra, proceso de abonos, cando e que sementar? ferramentas e útiles necesarios,…). O obradoiro estará dinamizado polos compañeiros de CEM.

O programa aproximado das sesións sería:

  • Sesión 1: Presentación. ferramentas. Comezo traballo na horta
  • Sesión 2: Preparación da terra. Pasar motocultor
  • Sesión 3: Aporte de terra. Preparación de bancais. Instalación de valado
  • Sesión 4: Colocación de regado. Construción e montaxe do compostoiro
  • Sesión 5: Sementeira. Plantación. 
  • Sesión 6: Construción e instalación de hotel de insectos, refuxios de fauna e caixas niño para aves e morcegos. 
  • Sesión 7: Eco xardín de plantas aromáticas. 
  • Sesión 8: Construción de horta vertical para terrazas
  • Sesión 9: Recollida e degustación. Avaliación final.

Inscríbete aquí..

Ou de forma presencial nas casas da mocidade Portaberta e As pedras.

Máis info: pix.portaberta@gmail.com / pix.aspedras@gmail.com

Teléfonos: Portaberta – 981 614 083 / As Pedras – 981 977 944

*Recorda que as plazas se adxudicarán por orde de inscripción tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: